Unha das propostas máis interesantes e reivindicativas nos últimos tempos e, como é ben sabido, éxito de vendas en Francia desde hai meses, é este libriño -Indignez vous!- de só trinta páxinas, que veu da man do ex combatente da resistencia francesa e diplomático Stéphane Hessel. Anunciada xa a súa edición en castelán, esta cadrará aproximadamente no tempo cunha edición en lingua galega que xa está a traducirse e que chegará prologada para a ocasión por un coñecido escritor galego. Unha excelente noticia porque, como di Hessel, arestora non pode haber espazo contra a resignación e apatía e, sen dúbida, esta achega contribuirá a estender o espírito crítico, hoxe máis necesario que nunca.

30 páxinas moi condensadas e que dan para pensar moito, pero moito, penso que todo o mundo debería ler este texto nun momento perdido e pensar durante moito tempo nel e no que di, unha boa lección en moitos sentidos
[...] This post was mentioned on Twitter by José Yuste Frías, Ramón Nicolás. Ramón Nicolás said: Novo post no blog: Indignez-vous, de Stéphane Hessel, en breve en galego: http://t.co/JfayHpl [...]
[...] xa informaba hai algúns día desde esta bitácora, malia que neste espazo de tempo a súa publicación fose precedida por un lamentable incidente no [...]