TO THE WINDS OUR SAILS

To the winds our sails

Mary O´Donnell e Manuela Palacios (editoras)

 Salmon Poetry, Irlanda, 2010, 172 páx.

Son varias, nos últimos tempos, as antoloxías narrativas e poéticas bilingües, sobre todo galego-inglesas, que van chegando aos lectores.  Neste sentido, unha máis que apreciable nómina de poetas galegas son as que integran este proxecto que chega da man da poeta irlandesa Mary O´Donnell e mais da profesora e investigadora galega Manuela Palacios. Ambas as dúas son as responsábeis da introdución explicativa, ben atinada por certo,  dun volume que recolle composicións, en edición bilingüe galego-inglés e cunha perspectiva interxeracional, a diversas voces como son Luz Pozo, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Luz Pichel, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro, María Lado e Xiana Arias. Ademais, da totalidade das autoras inclúese unha composición en lingua irlandesa e, por extensión, afóndase nesa relación cultural galego-irlandesa para deitar unha interesante ollada global sobre asuntos e imaxinarios poéticos alicerzados por estas voces contemporáneas.

Manuela Palacios

Esta realidade bibliográfica coincide con outra publicación titulada Creation, Publishing, and Criticism. The advance of Women´s Writing, neste caso mercé á editora Peter Lang que, baixo a coordinación de María X. Nogueira, Laura Lojo e tamén Manuela Palacios, ao abeiro do foro “Galician Studies”, recolle unha representación moi ampla de textos de autores ingleses e galegos que afondan no papel da crítica, da edición, da poesía, a narrativa o teatro ou da

Mary O´Donnell

 identidade desde a óptica feminina, esculcando en diversos ángulos e perspectivas analíticas, ao meu ver, de sumo interese. Particularmente tiven a fortuna de participar neste proxecto unhas modestas reflexións sobre as narradoras galegas contemporáneas, a carón doutras autorizadas voces como as de Francisco Castro, Fran Alonso, Mercedes Queixas, Marilar Aleixandre ou Paz Castro. Proxectos coma estes son moi necesarios. Parabéns ás súas responsábeis.