FALECEU FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Lamento moito o seu falecemento. Malia a diferenza de idade, nas ocasións nas que tiven a fortuna de falar con el, sempre foi  moi cordial e  animoso. Probablemente desde agora  a súa figura vai verse agrandada e, sobre todo, acadará outra dimensión todo o bo que realizou a prol da nosa cultura e da nosa literatura, que foi moito.