Pez de Plata (editorial independente)

Hai algúns meses souben da posta en marcha, na veciña Asturias, concretamente no concello de Morcín onde ten a súa sede, dun proxecto editorial de carácter independente baixo o nome de Pez de Plata  que quere depositar un especial coidado entre texto e ilustración nos seus proxectos, procurando tamén dar voz a escritores novos, incorporando propostas narrativas diferentes  e rescatando outras que o merezan. 

Se cadra a iniciativa podería pasar para min un tanto desapercibida polo de agora se non fose polo desexo, por parte da editorial, de promocionar e ofrecer ao lectorado castelán unha versión d ´A taberna do galo ferreiriana, un dos libros en prosa do celanovés que carecía aínda de tradución.  E seica o proxecto vai tomando forma e nalgunhas semanas xa poderá ver a luz.

Logo de Pez de Plata

Fóra desa iniciativa quixera dar conta e convidar a coñecer unha revista literaria de carácter virtual que os responsábeis de Pez de Plata veñen de colgar na súa web baixo o título de “Pez de Plata Literaria, nº O”, que se pode consultar aquí. As páxinas encerran un limiar no que se sintetiza o espírito e obxectivo desta empresa editorial, a carón doutros textos valorativos sobre os libros publicados até o de agora que son Las hembras del cimarrón, de Marco Lúbrico e Dejemos el pesimismo para tiempos mejores, de Diego Medrano; xunto con valoracións suscitadas por estes títulos das mans da galega Pepa Barrios, Ana Vega, Leopoldo María Panero ou Andrés Moutas, sen esquecer nas súas derradeiras páxinas un espazo para o vindeiro lanzamento da peza arriba amentada de Celso Emilio. Sobre ela volverei mais polo de agora cómpre desexar á revista e á editorial unha feliz andaina.

1 Comment

  1. Muchas gracias Ramón en nombre de Pez de Plata.

    Ya tengo el libro de Celso Emilio maquetado a falta de incluir dos ilustraciones del total de seis, todas ellas espectaculares.

    En breve entrará el libro en imprenta.

    Saludos

    Susanna

Os comentarios están pechados.