Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval

Bater de sombras

Francisco X. Fernández Naval

Espiral Maior, Culleredo, 2010, 64 páxs., 13 €

Galardoado na décima edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño é este un poemario articulado baixo unha elaborada urdime simbólica que se contén no termo “sombra” –non é mala idea apoiarse na lectura no dicionario de Cirlot-. Desde aquí e asumindo as súas posibles dimensións significativas, posibilítase ese intento de asomarse ao inapreixable, de moverse sutilmente polo descoñecido, a través de imaxes visionarias que se proxectan nun universo persoal mais tamén universal, gobernado sempre pola atenta observación do sentimento dunha condición humana marcada polo misterio, a soidade, o baleiro ou a propia escuridade.

Velaquí o video da presentación do libro no Liceo de Ourense, nun acto celebrado o 12 de decembro de 2010 no que participaron o autor, Miguel Anxo Fernán-Vello e Carlos Arias:

O texto da reseña publicouse na sección “Recomendacións” das  páxinas de La Voz de Galicia, o 13 de xaneiro de 2011.