Parir a liberdade, de Elvira Fente

Parir a liberdade

Elvira Fente

Alvarellos Editora, Compostela, 2010, 415 páxs., 17 €

 

 

Alén dunha notable achega que veu da man de Mónica Bar sobre o mesmo tema, Elvira Fente transita de novo polas pegadas que foi deixando o movemento feminista galego, cun diáfano sesgo xornalístico, desde as súas orixes ata o ano 1975. Faino realizando un solvente e documentado estudo histórico na súa primeira parte, para logo sistematizar os bloques temáticos que se ergueron como obxectos fulcrais de atención -a violencia de xénero, a liberdade sexual, o traballo ou a economía solidaria entre outros- e, finalmente, engadir un conxunto de entrevistas con dez significadas representantes do feminismo en Galicia.

Elvira Fente

 

Este texto publicouse, baixo o título de “Sobre o feminismo galego”, nas páxinas de “recomendacións” de La Voz de Galicia, o 18 de xaneiro de 2011.