Antonio Yáñez Casal (ilustracións de Rodrigo Chao)
Xerais, col. Merlín, Vigo, 2010, 136 páxs., 12 €
Finalista na última edición do Premio Merlín, Antonio Yáñez –quen conta cunha ampla experiencia na narrativa para primeiros lectores- ofrece un cumprido e imaxinativo volume que se acobilla á clásica fórmula da fábula, por extensión tamén á dunha alegoría.
Nel transítase pola vida dunha xoaniña que, na súa descuberta do mundo, asumirá un inevitable percorrido de aprendizaxe, someténdose a unhas probas que a abocarán ao mundo dos adultos e que lle permitirán ao animaliño diminuto obter, se consegue superalas aplicando máis a intelixencia e o enxeño que a forza, eses sete máxicos puntos escuros dos seus élitros.

Texto publicado baixo o título de “Os sete puntos da xoaniña” na sección “recomendacións” de La Voz de Galicia, o 26 de xaneiro de 2011.
1 Comment
Os comentarios están pechados.