Catálogo de obxectos rebuldeiros
Pablo Prestifilippo
Faktoría K de Libros, Vigo, 2011, 38 páxs., 10 €
Esta non é ningunha nota crítica ou recensión ao uso porque, en boa lóxica, son parte implicada. Simplemente quero compartir con quen se deixa caer por aquí a miña alegría pola aparición do meu primeiro traballo neste ano: unha pequena tradución ao galego dun título dese memorable e extraordinario ilustrador e autor que foi, e segue a ser a través do traballo que nos legou, Pablo Prestifilippo. Tan ocorrente, subversivo, imaxinativo, fantasioso, sentimental, divertido e, por veces, absurdo como sempre. Prestifilippo en estado puro, sen dúbida.
