Ana Alcolea, premio Anaya de literatura infantil e xuvenil

Ana Alcolea

Coñecín á zaragozana Ana Alcolea hai por volta dun ano, dun xeito un tanto casual, nunha visita que realizou no centro de ensino no que traballo. O discurso arredor do tratamento literario que lle outorgaba a aspectos cotiáns, ou non tan cotiáns, e esa descrición do universo de ficción que levaba anos construíndo, fixo que engaiolase aos asistentes: profesorado e alumnado.  A min animoume a coñecer parte da súa obra literaria e non saín en absoluto defraudado, na realidade todo o contrario. Alegreime ao coñecer a concesión deste galardón por esta nova novela titulada La noche más oscura, da que ademais desvelara moitas claves do seu argumento e da súa xestación. Parabéns e oxalá poidamos lela, en pouco tempo, en lingua galega. Ao meu ver é unha aposta segura.

1 Comment

  1. As súas novelas funcionan de maravilla co alumnado en castelán, como ben dis funcionarían de maravilla en galego, e non so dentro das aulas. Ana Alcolea foi unha desas gratas sorpresas dentro do panorama da literatura xuvenil actual. Moi recomendable, a ver se alguén se anima a traducir as súas novelas ao galego.

Os comentarios están pechados.