Indignez vous!, de Stéphane Hessel, en breve en galego

Unha das propostas máis interesantes e reivindicativas nos últimos tempos e, como é ben sabido, éxito de vendas en Francia desde hai meses, é este libriño –Indignez vous!– de só trinta páxinas, que veu da man  do ex combatente da resistencia francesa  e diplomático Stéphane Hessel. Anunciada xa a súa edición en castelán, esta cadrará aproximadamente no tempo cunha edición en lingua galega que xa está a traducirse e que chegará prologada para a ocasión por un coñecido escritor galego.  Unha excelente noticia porque, como di Hessel, arestora non pode haber espazo contra a resignación e apatía e, sen dúbida, esta achega contribuirá a estender o espírito crítico, hoxe máis necesario que nunca.

 

3 Comments

  1. 30 páxinas moi condensadas e que dan para pensar moito, pero moito, penso que todo o mundo debería ler este texto nun momento perdido e pensar durante moito tempo nel e no que di, unha boa lección en moitos sentidos

Os comentarios están pechados.