Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

poesiagalega.org

Descubro un tanto serodiamente, aínda que xa coñecía algunhas dilixencias previas á iniciativa, este proxecto de investigación que ofrece xa, ao pouco de botar a andar, un amplo abano de recursos dixitais centrados na nosa poesía contemporánea e que ve a luz, en colaboración co Consello da Cultura Galega, mercé os esforzos do denominado Grupo Alea de Análise Poética (GAAP-USC).

Arturo Casas (coordinador do grupo ALEA)

O devandito grupo de traballo, coordinado polo profesor Arturo Casas e composto por  Iris Cochón, Lorena Domínguez Mallo, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montse Pena, María do Cebreiro Rábade e Iria Sobrino, ao que se engadiron investigadores externos como son Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar e José Luís Forneiro, xunto con Laura Mariño, coido que leva camiño de converter este sitio web nun espazo de referencia para o coñecemento e difusión da nosa poesía  e, de feito, poesiagalega.org dispón xa dunha máis que apreciable base de datos  que incorpora textos de carácter crítico, abondosas fotografías, diversos rexistros sonoros e gravacións de vídeo, de enorme utilidade para a investigación literaria ao erixirse como un recurso dixital sinxelo, con contidos rigorosos e, para min, de consulta obrigada.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Febreiro 2011 por en Crónica,Poesía , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: