A taberna do galo, de Celso Emilio, en castelán por vez primeira

Pez de Plata sitúa xa nos andeis das librarías o seu primeiro libro na colección “Narrativa” e escolleron para iso a Celso Emilio Ferreiro: un dos nosos mellores poetas, mais que tamén foi un extraordinario narrador, aínda que esta faceta sexa hoxe por hoxe menos coñecida. Parte da súa máis retranqueira e subversiva prosa, concretamente a que se contén orixinalmente n´A taberna do galo, aparece agora vertida ao castelán por vez primeira. Aquí pódense ler algunhas páxinas e aquí ver a sobrecuberta da edición que incorpora unha ilustración de Pedro Rico, responsable tamén das que poboan este libro. Boa andaina!