Novos ensaios (de autoría galega) en 2.0 Editora

Alén da vindeira publicación das memorias de Assange, do que xa demos conta nesta bitácora, 2.0 Editora anuncia, no seo da colección Supertextos, un conxunto de propostas para  abordar “a actualidade social, económica e política dende diferentes perspectivas, na intención de enriquecer o debate e xerar espazos de diálogo na sociedade galega” e ademais, segundo fontes da editorial, “nun formato e extensión afastados de academicismos, cun enfoque próximo aos intereses dos cidadáns”.

Manuel M. Barreiro

Neste sentido Carlos Vázquez Padín co volume Galeguismo e liberdade será a primeira incorporación, á que lle seguirán dúas propostas máis da man de Rafael Cuíña e do meu benquerido amigo e analista político de altura Manuel M. Barreiro. Unha moi boa noticia que avivecerá, non teño dúbida, o xénero de reflexión e pensamento.