Educación e Ideoloxía en Ourense na IIª República, de X.M. Cid Fernández

Xosé Manuel Cid Fernández

Educación e Ideoloxía en Ourense na IIª República

Andavira Editora, Compostela, 242 páxs., 19 € (limiar de Herminio Barreiro).

 

Dá xenio volver os ollos a este ensaio, revisado e felizmente ampliado con nova e inédita documentación, no que o profesor X. M. Cid Fernández recupera a memoria educativa de noso, poñendo nomes, perfilando rostros e  desempoando institucións nas que participaron con convicción moitos docentes ourensáns situados á vangarda dos movementos pedagóxicos renovadores que trouxeron os ventos da IIª República. Velaquí as análises tanto das reformas xerais operadas na política educativa daquel tempo coma das novas funcións sociais asignadas ao maxisterio, ocupando un espazo non pequeno o estudo da represión que afectou con saña a tantos mestres tras a guerra civil. Prólogo de Herminio Barreiro.

Xosé Manuel Cid Fernández

 

Publicado na sección “Recomendacións” das páxinas de cultura de La Voz de Galicia, o 24 de febreiro de 2011, baixo o título de “Memoria dos mestres”.