Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro

 

Antonio García Teijeiro

Verbas de sal

Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2011, 56 pp., 12,85 €  (ilustracións de Alberto Vázquez).

 

Unha nena curiosa, un fantástico monifate e un enigmático home maior, todos tres seres solitarios, cruzarán os seus destinos habitando o sentido último das palabras, desas “verbas de sal” que aquel home confiaba ás ondas do mar. O libro aprópiase dun palpable rexistro lírico, gañando a complicidade desde a primeira páxina e exhibindo un notable potencial descritivo de mans dadas cunha intensa pulsión plástica, só esperable nun autor de longa e reveladora traxectoria como Teijeiro, sabedor de que a fluidez narrativa e a aparente sinxeleza é algo que custa acadar. Velaquí unha parábola sobre a soidade, que repara tamén no valor salvífico da comunicación, a amizade, a poesía e os libros.

 

Antonio García Teijeiro

 

Texto publicado baixo o título de “Unha parábola da soidade”  nas páxinas de información cultural, sección “recomendacións”, de La Voz de Galicia,  o 28 de febreiro de 2011.