Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935
Trifolium, Oleiros, 84 pp., 14 € (tradución de Enrique Sánchez; limiar de Eliseo Fernández).
Ás crónicas das viaxes por Galicia da man de egrexios visitantes como Aubrey F. G. Bell, Silveira da Mota, George Borrow ou Luís Bello engádense estes días unhas memorias pouco coñecidas de Federica Montseny (1905-1994), quen foi a primeira ministra nun goberno da Europa Occidental (1936-37). Nelas relata, con vigor e destacada pulsión narrativa, as impresións paisaxísticas, sociolóxicas e políticas que suscitou un percorrido realizado por cidades e localidades como A Coruña, Betanzos, Cariño, Lugo, Ferrol ou Ourense no ano 1935. Unha ocasión que permite, desde a distancia que supón o tempo transcorrido, coñecernos mellor a nós mesmos.
Publicado baixo o título de “Federica Montseny por Galicia”, nas páxinas de cultura de La Voz de Galicia, sección recomendacións, o 4 de marzo de 2011.