A Asociación Galega de Editores, a través dunha inicial selección previa, e logo por un xurado composto por María Solar, Xosé A. Perozo, Charo Portela e Antón Pedreira, tiveron a ben outorgar o premio “Lois Tobío” á mellor tradución á novela 30 gramos, de Leonel Moura, publicada por Alvarellos Editora no seo dun fermoso acto que se desenvolveu onte na Deputación Provincial de Lugo.
Da concesión deste galardón alégrome polo recoñecemento que supón ao extraordinario olfacto que demostrou Quique Alvarellos para atopar esta peza literaria, que tamén resultou finalista no premio Ánxel Casal mellor libro de ficción, e agradézolle desde aquí ao editor lugués outra vez a confianza depositada no meu traballo. Para min supón toda unha honra conseguir un premio que leva o nome de Lois Tobío. Grazas a todas e a todos e parabéns para quen resultaron galardoados.
Noraboa polo premio. A Min tamén me gustaría recibir un premio de tradución co nome de Lois Tobío…. Sentiríame moi feliz.
Bicos,
marga
Seino. É toda unha honra. Todos os finalistas ben o merecían e, sen dúbida, o teu exemplar traballo con Randea do alento, de Herta Müller, con certeza aínda máis. Moita sorte nos premios da AELG. Obrigado e moitos bicos.