O 15 de marzo, Suso Díaz e Mari Paz, responsables do programa radiofónico “La Voz en Espiral”, que se emite cada martes, de 18 a 19 horas en Radio Forum de Mérida, e que pretende difundir o feito poético e literario en xeral cun programa que conxuga poesía, música, lecturas e entrevistas, ofrecéndose posteriormente a quen lle interese a través de podscasts que permiten acceder a estas gravacións desde calquera lugar da rede, convidáronme para manter un diálogo sobre aspectos poéticos e biográficos de Álvaro Cunqueiro, por mor do centenario do seu nacemento.
Quixo a fortuna que este programa acollera, na súa primeira parte, unha interesante entrevista con Pere Gimferrer, que recomendo moi vivamente, na que fala sobre Cunqueiro e, loxicamente, sobre a súa propia obra. Pódese escoitar a entrevista a través do blogue do programa onde, ao tempo, aparecen referidos algúns dos contidos que se trataron.
Moitas grazas aos responsables desta iniciativa tan pouco común nestes tempos, e parabéns tanto por esa teimuda vontade que exhiben á hora de espallar e difundir a poesía como pola especial sensibilidade que amosan para as nosas letras, desde Mérida.
Moitas grazas Ramón por as verbas que nos adicas no teu bloge, e os que gozamos fomos nós cos teus comentarios sobre Álvaro Cunqueiro, do que temos comprometido seguir a falar para que se coñeza mellor a súa poética.
Apertas
Reitero o meu agradecemento. Iniciativas como as que levades a cabo resultan sempre ilusionantes e fabulosas. Apertas.