Caderno da crítica vai para blogaliza

Logo de case seis meses de botar a andar, e tras uns días axeitando a nova casa, este caderno da crítica instálase na comunidade de blogaliza, aínda faltando algúns detalles por arranxar, que se tentarán resolver nos vindeiros días.

Vaian pois,  os meus agradecementos a Alfredo Ferreiro por prestarme a súa xenerosa colaboración para esta  mudanza e as miñas desculpas polos inconvenientes que este cambio poida causar. Premendo aquí estaredes no novo lugar. Grazas!