O avatar falante

Non adoito facer anotacións con este tipo de contidos, que caen fóra do habitual neste espazo pero, chegados a esta fin de semana e cun pouco de vagar por diante, deixo aquí un enlace deste “avatar falante”, pois non todo vai ser crítica e libros. Probablemente xa coñecido por moitos e moitas internautas -grazas Celina!-, ou talvez non, este recurso  articula oralmente diferentes mensaxes escritas en diversos idiomas, en distintos niveis e con desemellantes efectos, linguas entre as que están o galego e mais o portugués. Ao posíbel valor didáctico non está de máis engadirlle o aspecto lúdico, sen esquecer que non é máis ca un recurso que, con todo, emprega un tanto topicamente os nomes que se lles outorga a quen fala. Malia todo,  se vos interesa, aínda que só sexa por enredar, premede aquí (vía Sitepal).