IV Premio Compostela de Álbums Ilustrados

Fallouse a cuarta convocatoria do Premio Compostela de Álbums ilustrados, que organiza anualmente o Concello de Compostela e mais a editorial Kalandraka. Desta vez resultou galardoado El camino de Olej, de Martín León Barreto Johnson quen, segundo o xurado, presentou unha proposta que se insire no universo da tradición oral, artellándose como unha viaxe iniciática organizada a través de diferentes obxectos.

Ademais, Moisés Yagües Fernández resultou finalista con Al otro lado e Ariana Papini conseguiu unha mención de honra con ¿Quién querrías ser? Parabéns aos galardoados.