Onte falláronse, na cidade de Cáceres, os premios da Crítica 2010. A Sección da Crítica, pertencente á Asociación de Escritores en Lingua Galega, delegou en Laura Caaveiro a representación da mesma, que comunicou os resultados da pertinente votación que se celebrou en Compostela hai uns días. Parabéns, pois, a Víctor F. Freixanes e a Marga do Val, galardoados nesta ocasión.