Mañá venres, a partir das 19:30 horas, na Caseta nº 35 (Egartorre Libros) da Feira do Libro de Madrid (no Parque de El Retiro), Leonel Moura, acompañado do editor Henrique Alvarellos, vai asinar exemplares da súa novela/manifesto 30 gramos, tanto da súa edición en galego como da súa recente edición en castelán. Gustaríame acompañalos pero non é posible. Desde aquí fágolles chegar, ao autor e ao editor, os meus desexos dunha xornada chea de éxitos.