Os premios Xerais 2011

Non puiden asistir  á Gran Festa da Literatura Galega, como atinadamente a denomina Xosé M. Eyré, pero non quería deixar pasar a ocasión para felicitar aos organizadores porque nestes tempos que corren outra convocatoria destes premios é, ao meu ver, un verdadeiro sinal de resistencia e sempre convida ao optimismo. Aproveito para enviarlles os meus parabéns aos tres galardoados -Anxo Fariña, Héctor Carré e mais Xavier Queipo-, aos finalistas -pois nunca é doado chegar aí- e aos xurados das tres modalidades, que sacrifican horas de lecer en aras dun labor nada doado e, ao tempo, tan importante.

(Foto: Edicións Xerais)