Eladio y los seres queridos: "El tiempo futuro" (Vigo e o que está por vir)

Non adoito ocuparme aquí de asuntos fóra do que teñen que ver con libros e lecturas pero non resisto a tentación de compartir desde aquí este vídeo que coñecín vía Fran Lorenzo e Óscar Fontán en Facebook. As miñas grazas a eles pola descuberta de Eladio y los seres queridos, da canción e, para min, desta visión deslumbrante, intensa e un tanto sorprendente que se espella neste vídeo protagonizado pola cidade de Vigo. A carón da canción, o extraordinario traballo visual perfila ángulos que nos rodean acotío e que, talvez, non somos quen  de velos. Poida que aí se encerre o futuro e a “loucura que nos mantén”: as sirenas mesturadas co cheire a leña, a inxenuidade, esa tendencia case inesgotable ao continuo movemento e os soños do día a día. Parabéns tamén aos equipos de Zinquin e a  Esmerarte.

 

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Z51joi4TzR8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]