As manías d@s nos@s escritor@s, en Trafegando Ronseis

Esa bitácora de consulta obrigada que é Trafegando ronseis  (libros, videos, información cultural, material de inestimable valor para os que exercemos a docencia…, todo por xunto e nun formato atractivo e áxil) estrea unha serie que quere desvelar as dinámicas e estratexias persoais, nese momento que comeza o proceso da escrita, de quen nos acompañan no noso tempo cos seus universos de creación. Pódese consultar premendo aquí, e tamén desde aquí expreso os meus parabéns á súa responsable, Gracia Santorum.