Humberto Eco á busca de lectores

Camilo Franco subscribe nas páxinas culturais de La Voz de hoxe unha reportaxe sobre a decisión de Humberto Eco de “refacer” o seu célebre O nome da rosa e editar unha versión light, segundo o autor, acorde aos novos tempos.

   Deixo aquí o enlace da reportaxe, no que o xornalista ourensán inquire a opinión de varias persoas entre as que me encontro, ademais de incluír dous  artigos de opinión.
O asunto creo que é de suma relevancia pois pode ser tanto a punta dun iceberg que se move devagariño e inflexiblemente cara a nós ou, simplemente, unha decisión, libérrima, tomada en aras doutros intereses.