Presentación de Vía secundaria, de An Alfaya

 

Mañá arrouparei, na libraría Librouro e con Manuel Bragado, a presentación de Vía secundaria, tanto na condición de lector como de membro do xurado que a galardoou no seu día. A novela de An Alfaya, entre outros méritos, ofrece unha acaída instantánea que transparenta moitas claves do noso tempo e faino con solvencia e formidable precisión: a solvencia e precisión dunha autora que conta cunha longa e meritoria traxectoria na nosa narrativa.

 

A LIBRARÍA LIBROURO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a ao acto de presentación do libro:  Vía secundaria de An Alfaya PREMIO DE NOVELA POR ENTREGAS LA VOZ DE GALICIA 2010.

 O acto, que contará coa participación de Ramón Nicolás,  Manuel Bragado e An Alfaya, terá lugar o venres, 28 de outubro, ás 20,00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.