Aniversario do Caderno da crítica

Onte cumpriu un ano de vida esta bitácora que xa forma parte, e substancial, da proxección do traballo crítico que levaba anos a desenvolver.

O balance persoal non pode ser máis que positivo, nalgunha medida sorprendente para min,  e agradezo o apoio recibido de moita xente para termar disto da mellor maneira que sei facelo. A quen seguen visitando estas páxinas,  ás editoras galegas, aos escritores e escritoras sen cuxo traballo isto non existiría e, finalmente, aos soportes en papel que acollen as miñas colaboracións, a todos e todas a miña gratitude.