O pasado martes interviñen, unha vez máis, no programa de Radio Mérida “La Voz en Espiral“. Nun diálogo con Paz e Suso Díaz abordáronse algúns trazos caracterizadores da obra poética de Carmen Blanco ao fío da publicación do seu Un mundo de mulleres. Para quen lle interese, a conversa queda na parte final, logo da entrevista con Álex Chico, no último podcast do programa.