Profesorado e escola pública

Circulan pola rede, desde hai algún tempo, varios videos sobre o labor do profesorado; centrados en esencia tanto no feito de subliñar a relevancia e proxección da función docente como na defensa dos valores do ensino público: traio aquí dous -grazas Paz e Gracia- que me parecen interesantes e non oculto que algún emocionante.

Un, que é profesor, e que pertence á  escola pública, sente orgullo de formar parte deste gremio e teño para min que cousas así, por se fixeran falta, volven a ollada sobre un marabilloso traballo tantas veces deostado, pero outras recoñecido como algo preciso que cómpre agarimar.