Agardarei, de Celso Emilio Ferreiro, con Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Guadi Galego

A través dun tuit de romanlandin, responsable dunha bitácora á que sempre estou atento, chego a este video que quero compartir un día coma hoxe, porque o poema é extraordinario e porque Xabier, Guillerme e Guadi realizan unha fermosa interpretación para cantarmos todas e todos, como a Celso Emilio lle gustaría  (gravado na sala Ultramarinos o 21 de decembro de 2010). Grazas!