Na sección “letras galegas” da revista Qué leer (número 172) publícase unha breve entrevista con Antón Riveiro Coello por mor da súa novela Laura no deserto. O autor fala sobre as perspectivas depositadas nesta interesante narración, desvelando as súas orixes e deténdose nas liñas principais do seu argumento, alén de engadir algunha referencia á súa construción. Pódese ler premendo aquí.