Novas CEF (IV)

O programa Eirado, da Tvg2, emitiu o pasado sábado día 14 de xaneiro un programa especial dedicado a Celso Emilio Ferreiro, que incluíu a primeira parte dun documental preparado por Luís Menéndez. Ademais, Pemón Bouzas entrevistou a diversas persoas, entre elas a Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro  e mais a Mónica Góñez, profesora e especialista na narrativa ferreiriana. Deixo aquí o enlace para quen lle interese.