Retorna neste 2012 o programa radiofónico “La Voz en Espiral“, emitido por Radio Fórum de Mérida e dirixido e presentado por Suso Díaz e Maripaz Paz. Este espazo semanal dedicado á poesía ofrece nesta ocasión un monográfico dedicado a Celso Emilio Ferreiro. Velaquí a palabra poética de celanovés e mais as voces de Luís Ferreiro, Aser Álvarez, o cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro, que musicou e interpretou en lingua galega o poema “Eiquí será”, e quen isto subscribe converxendo na vontade de honrar a memoria de Celso Emilio Ferreiro. Pódese escoitar premendo aquí: celsoemilioferreiropoetauniversal-vozespiral-ivoox1011102