The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore: unha marabillosa curta

Vía Trafegando ronseis (beizóns Gracia!) chego a esta espectacular curta da que coñecía un tráiler promocional que xa aventuraba e perfilaba unha proposta alegórica, ao meu ver, memorable.  Velaí un universo conformado polo fucarán Katrina, Buster Keaton, o Mago de Oz  e, sempre, o amor polos libros como eixe vertebrador dunha historia conmovedora. Moi recomendable para libroferid@s.