Longa noite de pedra polo alumnado do CEIP Sequelo (Novas CEF XII)

Esténdolle os meus parabéns ao blogue Os ghatos misteriosos, dos meninos de 2º do CEIP Sequelo, que ofrecen unha magnífica montaxe a través dun vídeo que incorpora a declamación dun dos poemas máis célebres de Celso Emilio Ferreiro. Introducen tamén esta reflexión que aquí reproduzo abaixo:

Por desgraza as sensacións que nos quería transmitir Celso Emilio Ferreiro seguen ben presentes na nosa Comunidade; a nivel económico, individual, social, na cultura e na lingua cos nosos devanceiros cre ron e que nos deixaron por  herdanza…Seguemos despois de tanto tempo aínda inmersos nunha Noite de Pedra. Os nosos ghatiños, que xa van  entrenados nos exercicios poéticos, de seguida identificaron as calidades da pedra: a dureza e a frialdade. E compañados do clarooscuro tratamento que lle dimos ao video, souberon  facernos sentir as sensacións co poema requería.