A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados de Madrid aprobou por unanimidade a proposición defendida por Laura Seara e que insta ao Goberno central a sumarse á celebración do Centenario de Celso Emilio Ferreiro. Pódese seguir unha crónica do agre debate que se produciu hoxe mesmo na información de Europa Press. Á marxe de polémicas penso que é unha extraordinaria noticia e celebro este acordo.