Revista Raigame nº 35

Mariló e Xulio Fernández Senra (dir.)

Raigame, nº 35. Revista de arte, cultura e tradicións populares

Deputación de Ourense-Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo , Ourense, 2011, 98 páxinas

Hai xa algunhas semanas que teño no meu poder unha nova entrega da revista semestral Raigame, que veño seguindo con interese desde o seu nacemento, aló por 1995, cando comezou a acoller diferentes colaboracións ensaísticas que se vinculaban coa nosa cultura, arte, literatura e tradicións populares, entendendo estas dun xeito amplo e integrador.

     Nesta ocasión a presenta entrega adopta a fórmula de monográfico -como xa o foron diversos números dedicados a Lugrís Freire, Novoneyra, Xocas ou Ramón Piñeiro- dedicado a Xosé Neira Vilas, cuxa figura e obra aglutina un feixe de reflexións dun salientable número de especialistas da obra do autor de Gres ou devotos das dimensións da súa figura, a carón dun abondoso material gráfico e documental de elevado interese.

   A revista pódese consultar en rede premendo aquí, onde tamén se posibilita consultar o resto dos números desta colección. Mentres, agardamos pola seguinte entrega, ao que sei, centrada tanto en distintos aspectos de Celso Emilio Ferreiro e de Valentín Paz Andrade como protagonistas homenaxeados neste 2012.