Gavieira, o blogue de normalización e dinamización lingüística do Instituto de Elviña (A Coruña), incorpora un video inspirado neste coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro. Ademais, na mesma bitácora, engaden un interesante e traballo recurso que recolle unha antoloxía de poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro, de grande utilidade para trazar, como sinalan, a evolución da música galega nos últimos anos. Grazas polos dous traballos!