Celso Emilio Ferreiro en imaxes (Novas CEF XXI)

Dábase conta onte aquí da disposición duns fondos videográficos de interese arredor de Valentín Paz Andrade depositados na chamada canle temática do web da CRTVG. Na sección arquivo do mesmo web ofrécense un total de catro vídeos sobre Celso Emilio Ferreiro. O primeiro deles recupera a emisión do programa “O Tragaluz”, que a TVG emitiu o 2 de xaneiro de 1989, no que se ofrece un documental que permite acceder á  voz e á imaxe de Moraima ou de Xosé Reza, alén de incorporar abondoso material  fotográfico.

    Asemade poden visualizarse no mesmo espazo tres documentais máis, emitidos en 2004 por mor do vinte e cinco cabodano da súa morte, que reparan en aspectos biográficos, literarios e musicais de Celso Emilio Ferreiro, nun proxecto que dirixira Xosé Durán e no que tamén interveu a xornalista Rosa Castro.