Celso Emilio Ferreiro en catalán: "Albada a Vigo" (Novas CEF XXII)

Teño para min que un dos poemas antolóxicos, e son moitos!, de Celso Emilio Ferreiro é  “Amencer en Vigo”, que o autor escribe xa en Caracas e que destinará a Viaxe ao país dos ananos. Nel foi quen de compor todo un cadro sociolóxico dun tempo, exhibindo unha pasmosa economía de medios expresivos e amalgamando diversas historias onde aínda hai espazo para incorporar cantigas de xinea popular.

    A célebre onomatopea que se atesoura en “Os tranvías van, fe, /  fe, fe,  ferrové, / ferrové,  ferrovello” foi quen de salvagardar eufonicamente a memoria daqueles tranvías que eu xa non lembro, mais si aqueles raís que sucaban as principais rúas de Vigo e que nelas perduraron moitos anos despois de que os tranvías se arrombasen nas cocheiras das Travesas. Os raís permanecían escintilando baixo a chuvia ou sol como cicatrices do que magoadamente se deixou perder.

     Veume todo isto á cabeza logo de que un amigo me enviase unha tradución deste poema ao catalán, que subscribiu o ensaísta e poeta mallorquín Josep Maria Llompart, quen por certo tan atento estivo sempre á nosa expresión literaria, na súa  antoloxía de Poesia gallega, portuguesa i brasilera moderna (Edicions 62, 1988). A finais dos anos sesenta houbo un intento de traducir Longa noite de pedra ao catalán, mesmo Basilio Losada asegura que o orixinal estaba xa traducido pero foi deses proxectos que nunca se culminaron. Entrementres, gozamos con esta acaída tradución de Llompart:

ALBADA A VIGO

Una finestra encesa
en la nit de la ciutat
és com una ull insomne.

Batibull a bord dels bous.

Van , els tramvies, fé,
fé, fé, ferrové,
ferrové, ferrovell
pels carrers costeruts amb les lleteres.

“Canta, cantor,
company meu”,
diu l’entrompat
al carrer sots la lluna darrera.

“Apa xicot,
ja son dos quarts de set .”
Un despertador odiós
ha trencat el son lleuger
de la fàmula Maria.
I llavors un senyoret,
després de galopar com un centaure
en els llits fastigosos dels prostíbuls,
ha demanat el desdejuni a crits.