Tres vídeos: María Reimóndez, "Il pleut" de Apollinaire e un lip dub de "O tren" de Dobarro

Comparto aquí tres vídeos que suscitaron estes días, por diversas razóns, o meu interese. O primeiro recupera as palabras, afoutas e cheas de convicción -que naturalmente comparto- pronunciadas por María Reimóndez no seo do acto no que recibiu o premio Dora Vázquez de artigos xornalísticos polo seu texto “Desobediencia” e que coñezo vía olevantadordeminas.

      O segundo incorpóroo aquí vía trafegando ronseis e recolle unha imaxinativa creación a partir do caligrama “Il pleut” de Apollinaire. Nesta liña de vídeos educativos e lúdicos traio un imaxinativo lip dub da versión de “O Tren” de Andrés Do Barro, realizada no seu día por “Eladio y los seres queridos” e que protagoniza o alumnado de 4º da ESO do IES As Barxas (Moaña) (vía Coordinadora galega de ENDL). Bo domingo!