Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña. Iniciativas sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro (Novas CEF XXIV)

A través dun amigo chego a unha iniciativa desenvolta pola Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña (Duran Loriga, 10) integrada na rede das Bibliotecas do Concello da Coruña. Nese espazo de lectura e cultura artellouse unha actividade relacionada con Celso Emilio Ferreiro co gallo do seu centenario aproveitando a data do Día Mundial da Poesía. Deixo aquí dúas mostras gráficas deste orixinal e imaxinativo traballo que aproveita fantasticamente o espazo do local cuns versos ferreirianos e un atinado texto de Antonio García Teijeiro. Beizóns.