Vincent Van Gogh e as correntes da Terra

Ben sabido é que Vincent Van Gogh vía todo cunha ollada persoal, intransferible e única. Tamén o ceo desde a ventá da casa en que viviu os últimos anos como ben nos fixo imaxinar Marcos Calveiro. A NASA aplicou a estética do pintor a un pasmoso exercicio de visualización das correntes da Terra rexistradas entre 2005 e 2007 nunha fantástica aliaxe de tecnoloxía e arte. Os remuíños, os círculos, o eterno movemento…, todo cobra sentido. Van Gogh non se enganaba.