"Carta a papá do ceo", de Celso Emilio Ferreiro #sosfragasdoeume

Ergo a miña protesta contra o lume,

dimito a miña voz na madrugada,

desterro o meu cantar, doume aos camiños.

 

Un arbre son, nacido diante un río

que pasa sin lecer e nunca é o mesmo.

Nacín cos brazos ceibes. Hoxe levo

o corazón atado a negras cordas

de tebras e xenreiras.

(desde a indignación, un fragmento de “Carta a papá do ceo” de Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos ananos, 1968).