Onte martes emitiuse unha nova entrega de La Voz en Espiral, programa radiofónico que ofrece Radio Fórum, de Mérida, centrado na divulgación da poesía e onde, cada tres semanas participo falando de autoras e autores galegos. Nesta ocasión, ao fío da publicación de Cráter, de Olga Novo, dialogamos con Suso Díaz e Maripaz Paz sobre o que supón este libro e a súa achega poética, alén de ler un par de composicións do devandito, e recomendable, libro.
Velaquí o podcast de todo o programa, que entrevistou inicialmente ao poeta David Benedicte.