Xornadas de homenaxe a CEF da Liga Estudantil Galega (Novas CEF XXIX)

Retorno de Compostela moi satisfeito pola miña participación nas Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Grazas pola atención prestada a todas as persoas que asistiron, grazas a Ana Corvelle pola súa atención e mais polas súas palabras na  presentación e grazas tamén á Liga Estudantil Galega,  incluídos tuiteiros, por levar a cabo  esta iniciativa na Facultade de Filoloxía da USC. É un orgullo que parte da mocidade estudantil, con escasos recursos pero con vontade de saber e coñecer, poidan organizar un evento coma este, tan operativo de seu para  botar unha ollada crítica, valorativa e informativa a unha das figuras cimeiras da nosa literatura máis recente. Beizóns.