Vía SP coñezo a historia de Sandra Barão Nobre, unha cazadora de lectores. Sandra é unha lectora impenitente -“sempre agarrada a um livro”- que decidiu abrir un blogue chamado Acordo Fotográfico no que recolle fotografías de lectores e lectoras exercendo esa actividade, alén de relatar a historia do encontro e da lectura concreta en cada caso: un acto persoal, privativo e íntimo exercido en espazos públicos que agora se comparte na rede. Pensei nestas cazarías lectoras, realizadas en parques, xardíns, prazas e cafés un día coma hoxe por razóns obvias. Estas gústanme, as dos elefantes e quen as fan non.