Outra iniciativa que conmemora o centenario de Celso Emilio Ferreiro é o espazo que, dentro da campaña de animación á lectura promovida polo concello de Santiago e organizada por Kalandraka, se lle dedica ao autor celanovés, incorporando algunhas das magníficas ilustracións que Baldo Ramos realizara para unha Escolma poética que publicara a editorial pontevedresa. Deixo aquí dúas mostras do que se pode atopar na exposición, na Galería Sargadelos de Compostela até o 31 de maio.